O pasado martes 27 de Xaneiro publicouse no DOG, o decreto que desenvolve a lei de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar. Neste decreto entre outras cousas créase o Consello para a convivencia escolar da Comunidade Autónoma, trátase dun órgano consultivo e de apoio a toda a comunidade educativa. Ademais establécese a creación dunha comisión de convivencia en cada centro no seo do Consello escolar, que ten entre as súas funcións a elaboración dun plan de convivencia para o centro. Tamén se establecen as condutas contrarias á convivencia escolar e os procedementos correctores, o procedemento poderá ser conciliado ou común.Indícanse unhas normas básicas de convivencia e en concreto prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos, aínda que se poden establecer normas en cada centro para a correcta utilización dos devanditos dispositivos como ferramenta pedagóxica. Mediante o seguinte enlace pódese acceder ao texto completo do decreto publicado no DOG:
0 comentarios:
Publicar un comentario