A Biblioteca Pública de Santiago "Anxel Casal", situada na Avda. de Xoán XXIII s/n - 15704 Santiago de Compostela, acolle un ciclo de charlas informativas sobre seguridade na rede. Os responsables de dar as charlas son especialistas en sistemas informáticos e seguridade.
As sesións terán lugar todos os martes de maio ás 18:00 no salón de actos da biblioteca (entrada libre ata completar a capacidade da sala) e terán unha duración aproximada de dúas horas.
Este ciclo de charlas está dirixido ao público en Xeral e moi expecialmente aos pais e nais.
Abordarán os seguintes temas:
- "Menores en la Red" (martes 7 de maio).
- "Ciber-sexting" (martes 14 de maio).
- "Ataques en la Red" (martes 21 de maio).
- "Peligros Wifi" (martes 28 de maio).
Charlas informativas sobre seguridade
0 comentarios:
Publicar un comentario